5/5/08

Maratón de Madrid 2008: 3.16.20´´


Acompañado pola Keniata de Montrove e o Triatleta, iniciei a miña segunda experiencia no MAPOMA. E cando as cousas non empezan ben... ben non ían rematar. Chego un pouco tarde a Madrid e xa no vou a recoller o dorsal o sábado pola mañá. Como cos colegas e a súa familia. Comprobo a maleta: falta o pantalón deportivo. Recollo o dorsal. Teatro, cea de pasta e a descansar.

O domingo facemos as fotos de rigor. Colocámonos xuntos na saída. Desexando, especialmente sorte á Keniata.

Os primeiros quilómetros os fago co Triatleta. No sete, voume so. As sensancións son boas. Tiro dun xeito moi controlado. Para a mexar no 21 e... non son quen de volver coller o ritmo, as pulsacións se disparan, as pernas non van. A partir do 30 veñen os mareos, párome. Cóstame un mundo continuar. Pásame o Triatleta. Menudo estreo leva, alégrome por el. Sufro, sufro, sufro. Voume parando...

Entro na meta. Chamo a Isa e dígolle non me deixe inscribirme noutra maratón. Agardo polos meus colega e non dan aparacido, preocúpome... estaban nas masaxes...

Finalmente fixen 3.16.20´´; 125 na categoría; 803 na clasificación xeral. Mellorei algo con respecto á edición anterior.