1/8/16

Xullo, que foi de xullo?

Imos actualizar o blog tras un mes sen competir. Despois da Media de Os 21 do camiño, púxeme en mans de Angel para tratar de controlar os adutores pois apareceran amagos de molestias no pube. Só puidemos atopar datas para tres sesións (cajo nas vacacións) Ademais despois de facer 35 km en bici e ao rematar unha clase de Fitpower no ximnasio un isquiotibial tamén protestou. Polo tanto? Neste mes máis do mesmo: repouso, descarga e non forzar.

Recuperei a miña vella bicicleta de estrada (xa ten o cualificativo de vintage). Fixen algo máis de 250 km, nunha ocasión acompañado (ou mellor dito, detrás de Iago) e volvín gozar dela. Lonxe fican aqueles tempos onde rodaba moito máis de 1.000 km ao mes.

As zapatillas tamén foron gastadas pois saíu un total de 158 km.

Ademais tratei de regresar ao ximnasio, gozando das sesións de Bike sempre con boa música (a derradeira sesión do mes foi rematada con un Proud Mary interpretada por Tina Tuner) 


Tamén gocei dunha versión cañeira e en directo do Vals del obrero de Ska-P.


En conclusión. Hai molestias pero hai máis gañas de comezar  rodar forte con obxectivos á vista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Grazas por deixarme a túa opinión